GALA DO MONTAÑISMO DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO 2026

O pasado venres 6 de febreiro celebrouse en Chantada a Gala do Montañismo Galego, un evento no que se recoñecen e premian diferentes actividades das múltiples modalidades que abrangue esta gran federación, así como traxectorias deportivas e compromisos sociais vinculados á montaña.
Parabéns a todas e todos os premiados!
Este ano, o AMI recibiu o premio pola súa labor de inclusión social co proxecto Camina · Escala · Oriéntate, que achega a montaña a todas as persoas sen excepción
Ademais:
- Javier Gento e Hadrian Pérez foron recoñecidos pola súa traxectoria deportiva en 2025.
- Dous socios do club, Adrián e Miguel, recibiron o premio á Mellor Actividade 2025 pola súa gran fazaña en Kirguistán —dous mozos con enorme futuro no alpinismo.
Moitas grazas á Federación Galega de Montañismo por todo o traballo que está a realizar, pola organización desta gala e polo recoñecemento ao esforzo de tantas persoas.
Pilas cargadas para 2026!
Fundacion enmalcsa-gadis supermercado